Redacción 29/10/2018

O acto formal de entrega do galardón recoñecido por UNICEF será o 27 de novembro no Palacio de Exposicións e Congresos de Oviedo

 

O pasado xoves, 25 de outubro, a Secretaría Permanente do Programa Cidades Amigas da Infancia -CAI-, representada por membros pertencentes a UNICEF Comité Español; Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social; Federación Española de Municipios e Provincias -FEMP- e o Instituto Universitario de Necesidades de Dereitos da Infancia e a Adolescencia -IUNDIA-, acordou galardoar ao Concello de Porriño como “Cidade Amiga da Infancia”, no marco da VIII Convocatoria de Recoñecementos 2018-2022.

Unha Cidade Amiga da Infancia, é un lugar distinguido onde os mais pequenos desenrolan un bo comezo na vida, medrando sans e coidados; onde están a salvoprotexidos da explotación, a violencia e o abuso. Ademáis, esta distinción garantiza o aceso a servizos esenciais coma unha educación de calidade, inclusiva e participativa onde teñen a oportunidade de desenrolar as súas habilidades.

Entre os aspectos fundamentais que cada Ciudade Amiga están o contar con espazos onde os nen@s poidan: expresar as súas opinións e influir nas decisións que lles afectan, participando na vida familiar, cultural e social; vivir nun entorno limpo, non contaminado e seguro con acceso a espazos verdes, de reunión para xogar e divertirse entre amigos; teñen acceso ás mesmas oportunidades, con independencia da súa orixe étnica, relixión, ingresos, sexo, identidade de xénero ou capacidad.

UNICEF sinala que “o recoñecemento pon en valor o labor do Concello, en coordinación coas entidades locais e cos nen@s, para liderar o proceso continuo de implementación de políticas e medidas que melloran o benestar da infancia e adolescencia no municipio”.

O do Porriño é xa un dos Gobernos Locais que veñen de situar á Infancia no centro das súas políticas públicas. Na actualidade, o 41% das nen@s e adolescentes que viven en España, son veciñ@s dunha Cidade Amiga da Infancia. O acto formal de entrega deste galardón, terá lugar no Palacio de Exposicións e Congresos de Oviedo, o vindeiro 27 de novembro.

É preciso lembrar, que os cinco obxetivos marco da iniciativa Cidade Amiga son:

– Cada nen@ é valorado, respetado e tratado xustamente dentro das súas comunidades.

– As voces, necesidades e prioridades de cada nen@ escóitanse e considéranse nas normativas e políticas públicas, nos orzamentos e en todas as decisiones que lles afecten.

– Todos os nen@s teñen acceso a servicios esenciais de calidade.

– Todos os nen@s viven en entornos seguros e limpos.

– Todos os nen@s teñen a oportunidade de disfrutar da vida familiar, o xogo e o ocio.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad