
A Concellería de Cultura e Lecer organiza obradoiros e un magosto popular
A concellería de Cultura e Lecer do Concello de Ponteareas que dirixe Hortensia Bautista organiza dende a biblioteca pública municipal actividades relacionadas coa festa do Samaín.
Hoxe luns día 29 os moz@s realizaron un obradoiro para confeccionar unha meiga típica do Samaín.
Mañá martes día 30, a partir das 18.00 h decoraranse calacús para expor na festa do Samaín, que se celebrará o mércores día 31 na praza da Perillana a partir das 17:30 h.
Na festa haberá obradoiros para nenos e nenas e como fin de festa un grande magosto.
En caso de choiva as actividades trasládanse á praza de abastos.