Redacción 22/10/2018

Asistiron o pasado venres ao partido Celta-Alavés, puideron ver o quecemento a pé de campo e participaron nunha visita privada ao Museo do Real Club Celta como parte do premio

 

Os 4 cativos gañadores do Concursode Redacción da Festa da Rosa (que se celebrou o pasado mes de xuño no Concello de Mos), titulado ‘Que significa oCelta para ti’,puideron gozar o pasado venres, 19 de outubro, do seu merecido premio, consistente nunha experiencia única coprimeiro equipo do Real Club Celta. 

Os afortunados foron Alejandro Vieites Freire, xogador da Unión Deportiva Mos e gañador da Categoría I (de 6 a 9 anos de idade) do concurso; Valeria Alonso Pérez, da Unión Deportiva Mos e Xián Rodríguez Cela, do Club Louro Tameiga, que empataron na Categoría II (de 9 a 12 anos); e Marta Alonso Roa, xogadora da Unión Deportiva Mos e gañadora da Categoría III (de 12 a 16 anos) do concurso. Os rapaces estiveron acompañados por sendos monitores dos seus respectivos clubes deportivos: un da U.D. Mos e outro do LouroTameiga.

Unha hora antes do partido, os gañadores do concurso e os seus monitores, foron recibidos e acompañados por un representante da Fundación R.C. Celta, durante unha visita guiada privada ao Museo do Real Club Celta en Balaídos. Dende alí dirixíronse á bancada de Tribuna, por onde accederon a pé de campo para que os mozos puideran ver no céspede do terreo de xogo, o principio do quecemento do equipo. Finalmente, os catro rapaces, puideron gozar do partido contra o Alavés na bancada de Tribuna.

Durante esta inesquecible experiencia foron saudados por German Arteta, director da Fundación Celta, quen lles entregou aos rapaces un detalle de recordo do emocionante momento.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad