Redacción 22/10/2018

A primeira ronda foi o pasado 15 de setembro e o próximo sábado 27 de outubro, voltan a limpar o monte desta especie invasora que tanto perigo ten nos lumes

 

 

En Taboexa, concello das Neves, as comuneiras e comuneiros decidiron facerlle fronte a expansión incontrolada dos eucaliptos con xornadas de deseucaliptización e tamén retirando os poucos pes que existían na comunidade e estaban ainda verdes, sen queimar.

O día 15 do mes pasado unhas decenas de persoas conseguiron deixar libre de eucaliptos case 14 hectáreas de monte comunal, zonas escollidas moi próximas a lindes cos terreos particulares e zonas con especial interese como a dos petróglifos da Coutada. O vindeiro sábado 27 de outubro dende as 9 da mañá e ata mediodía continuarán co proceso para eliminar a proliferación de eucaliptos no Castro de Altamira, o Mouro, as Pozas do Monte e si poden aínda máis lugares priorizando sempre os terreos máis próximos a poboación e a elementos a conservar como os arqueolóxicos ou os nacentes de auga.

Oscar González, Presidente da Comunidade de Montes de Taboexa, explica que “esta comunidade nunca foi produtora desta especie pero agora dende o lume de 2017 aínda menos. A experiencia nos di que, a pesar de que aquel foi un día de moito vento, quen trouxo o lume de Portugal, se so houbera o vento e non participara o eucalipto no incendio seríamos capaces de paralo. En segundos ou minutos o lume prendía a 500 m de distancia grazas a foumas ou faíscas desta árbore. A favor da especie so podo dicir que é boa, para o mel. Económicamente hai outras especies e usos do monte máis rendibles como o castiñeiro xa que o eucalipto, ademais, desertiza a terra, cambia as propiedades das augas, as raíces rompen que atrancan tubos, etc.”

Tal como explicou Oscar na primeira xornada “non so queremos limpar o noso monte comunal, tentamos concienciar as demais persoas particulares ou colectivas de que para non sufrir lumes como aqueles ou peores o xeito é coidando, valorando, querendo o noso monte, non abandonando”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad