Atópase aberto o prazo de inscrición para seleccionar ao alumnado -persoas desempregadas (AFD)- e equipo docente
A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia acaba de conceder ao Concello de Mos catro accións formativas destinadas a persoas desempregadas, por un importe total de 249.580 €.
Con isto, a Concellería de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías pretende aportar unha formación de calidade que permita aos alumnos obter unha serie de habilidades e coñecementos que aumenten as súas posibilidades á hora de acceder a ofertas de emprego.O Concello de Mos segue a ser un gran promotor da formación para o emprego, desenvolvendo cada ano múltiples cursos formativos co fin de incrementar o nivel de inserción laboral das persoas desempregadas.
As catro accións formativas que se van a impartir serán as seguintes:
- Dous cursos de Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG (FMEC0210) – 678 h. (Un en horario de mañá e outro en horario de tarde).
- Nivel de cualificación: 2
- Requisitos de acceso:
- Estar en situación de desemprego.
- Estar en posesión do título da E.S.O.
- Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado ao que desexa acceder.
- Estar en posesión dun certificado de profesionalidade nivel 1 da mesma familia e área profesional.
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ter superadas as probas de acceso convocadas polas administracións educativas.
- Ter superada a PAU para maiores de 25 anos ou 45 anos.
- Ter o certificado de apto nas Competencias Clave nivel 2.
- Docencia da formación profesional para o emprego (SSCE0110) – 389 h.
Postos de traballo relacionados: formador de formación non regrada, formador de formación ocupacional non regrada, formador ocupacional, formador para o emprego e formador de formadores.
- Mercadotecnia e compravenda internacional (COMM0110) – 768 h.
Postos de traballo relacionados: técnicos en comercio exterior, axente comercial internacional, técnico de marketing internacional, técnico de venta internacional e asistente ao departamento de operacións comerciais internacionais.
- Nivel de cualificación profesional de ambos cursos: 3
- Requisitos de acceso a ambos cursos:
- Estar en situación de desemprego.
- Estar en posesión do titulo de Bacharelato.
- Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado ao que desexa acceder.
- Estar en posesión dun certificado de profesionalidade nivel 2 da mesma familia e área profesional.
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior, ou ter superadas as probas de acceso convocadas polas administracións educativas.
- Ter superada a PAU para maiores de 25 anos ou 45 anos.
- Ter o certificado de apto nas Competencias Clave nivel 3.
Estes catro cursos contarán con prácticas non laborais en empresas, onde os alumnos terán a oportunidade de desenvolver os novos coñecementos adquiridos ao longo da acción formativa nun ambiente real de traballo, que de seguro lles será de gran utilidade para o seu futuro profesional.
Todas estas accións formativas teñen os procesos de selección de alumnado, así como de docentes, abertos, e a data de comezo será en breve, polo que calquera persoa interesada na participación nestas accións formativas debe facer a súa solicitude a través da oficina de emprego do Porriño -SEPE-, ou ben informarse no teléfono 986 487786 ou no correo: info@axenciadecolocacionmos.es.