Redacción 19/10/2018

Rexistraron unha solicitude de reunión coa Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia

 

Dende a Plataforma Antilindano da Louriña, queremos amosar a nosa satisfacción pola recente aprobación no Parlamento de Galicia, por unanimidade, dun acordo para a descontaminación por lindano de xeito planificado e en colaboración entre as distintas administracións, así como a adopción de medidas de protección da saúde.

Esta nova reafírmanos máis aínda na nosa demanda de información e na nosa disposición a participar activamente en todo este proceso. É por isto que vimos de rexistrar esta mesma semana unha solicitude de reunión coa Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia, para coñecer polo miúdo cal é a planificación a nivel autonómico e os contactos e coordinación co resto de administración (locais, autonómicas, estatal e europea).

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad