Redacción 16/10/2018

A sentencia que declaraba nula a actual está pendente, tras estimar o TSX o recurso por defecto de forma presentado polo Concello

 

 

O Concello de Mos presentou perante o Tribunal Superior de Xustiza un recurso de apelación á sentencia sobre a Relación de Postos de Traballo Municipal que a declaraba nula de pleno dereito a raíz dun recuso de GañaMos. O recurso do Concello fundamentábase nun defecto de forma que foi aceptado polo TSX e que deixa pendente a sentencia “da que no seu día tanto presumiu o grupo municipal GañaMos”, explica a rexidora local, Nidia Arévalo.

Así mesmo a administración local mosense leva meses traballando nunha actualización da Relación de Postos de Traballo, xa que o último documento data de fai case tres anos e dende entón existen na plantilla local novas situacións laborais que non se recollían no último texto.

Desde o inicio do traballo necesario para a redacción deste novo documento xa se celebrou unha Mesa de Negociación cos sindicatos, e mañá ás 09.00 h celebrarase, no salón de sesións da Casa Consistorial, a segunda Mesa de Negociación.

O Concello de Mos leva dende fai tempo traballando nesta nova mellora da Relación de Postos de Traballo e unha empresa está a realizar os labores necesarios para a nova optimización. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou a este respecto que espera que o vindeiro mes de novembro poida estar aprobada a devandita modificación e calcula que se levará a aprobación polo Pleno do Concello na sesión ordinaria do mes que ven, xunto co Orzamento Municipal para o ano 2019.

Esta empresa que se encarga da redacción da mellora da RPT mantivo reunións coa maioría dos traballadores e traballadoras para sondear as necesidades e opinións respecto dos diferentes departamentos municipais.

A última modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Mos fora aprobada definitivamente en sesión plenaria de 25 de abril de 2016.

A sentencia resultado do recurso de GañaMos a esta última modificación afectaría a máis da metade da plantilla municipal mosense, tanto económicamente como no que respecta ao recoñecemento de funcións departamentais. Se ben, agora se atopa pendente de volver a iniciar o procedemento xudicial tras a aceptación do recurso municipal por parte do TSX.

O recurso non naceu de ningún traballador/a nin de ningún sindicato que decidisen emprender accións legais contra a RPT do 2016, senón do grupo político GañaMos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad