Redacción 15/10/2018

Este vial do lugar de Catrocamiños é ademáis un dos lugares mais transitados da parroquia porriñesa

 

A parte do vial do lugar de Catrocamiños que da entrada ao CEIP Plurilingüe de Atios, terá dende esta semana un ancho de 10 m, “o establecido pola lei”, logo do remate dos traballos que están a realizarse neste lugar.

Os mesmos, sinala o tenente de alcalde Manuel Carrera, foron posibles logo da cesión desinteresada dos veciños de parte dos seus terreos que, logo da retirada de muros, permitiron “o ancheado e pavimentado desta estrada, unha das máis transitadas da parroquia”.

Carrera indica que esta obra, que contou cun orzamento superior aos 10.000 € procedentes de fondos municipais, realizouse con persoal contratado con cargo á axuda da Deputación de Pontevedra e traballadores do Concello.

Estes traballos forman parte do Plan de Mellora de Viais, Camiños e Estradas Municipais posto en marcha polo actual Goberno local.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad