Dende o grupo EU Son O Porriño amosan a súa satisfación, pois pese ás promesas, non hay rastro de ningunha actuación que non foran medidas concretas de abastecemento de auga á veciñanza afectada de Contrasto
“O Lindano é un complexo químico organoclorado e altamente persistente que, segundo a Organización Mundial da Saúde, foi calificado coma un canceríxeno de tipo 1. Trátase dun produto que foi fabricado pola compañía Zeltia durante moitos anos para o seu uso coma praguicida, nunha planta situada no polígono de Torneiros, no Concello do Porriño.
Estímase que derivado dos anos de produción, máis de 1.000 toneladas de residuos xerados nesta fábrica, foron verquidos nesa zona. E que tamén rematou inicialmente outros puntos da vila e da bisbarra, ao seren empregandos os seus restos coma aglomerante. Por exemplo, como material para o arranxo de estradas, orixinando diferentes focos de contaminación.
Ao mesmo tempo, a inflitración no terro supuxo o seu desprazamento ao traverso das augas de escorrentía e sunbterráneas, rematando en acuíferos e mesmo no río Miño. Ademáis, sendo a sutancia un elemento que pasa a formar parte da cadea trófica, a súa presenza na auga condiciona a contaminación de vexetais e animais.
As diferentes Administracións, fai moitos anos que teñen constancia do problema de saúde pública e medioambiental que sofre o concello do Porriño e o resto de concellos da contorna, pero as medidas para por solución ao problema seguen sen chegar.
Polo contrario, o problema foi literalmente tapado, o que levou a que durante unhas obras de saneamento nos barrios de O Contrasto e Pereira, quedase ao aire a sustancia química, descubríndose que existen altísimas concentracións deste produto, coa consecuencia dunha exposición da poboación a altos niveis de contaminación.
Ante unha situación tan delicada, as medidas das diferentes Administracións competentes deben ir encamiñadas á prevención e protección da saúde pública, así como a limpeza e recuperación das zonas afectadas, cunha actuación urxente que no implique volver a tapar o problema.
A pesares da extensión do tóxico, na actualidade existen zonas doadamente localizables onde se sabe que existe e debería ser retirado. Por exemplo o propio polígono de Torneiros.
Igualmente, debería existir unha planificación de que facer se volta a aparecer nalgúns dos concellos ao realizar calquer excavación ou obra pública ou privada, dada a súa elñevadísima toxicidade e perigosidade para os seres humanos.
En relación a isto, debería de planficarse un control de saúde ás persoas que habitan ou poidan habitar en zonas contaminadas. Un protocolo que controle a posible aparición de tumores, problemas hormonais – actúa coma disrruptor- ou patoloxías derivadas da afectación cutánea, entre outras.
Por todo o anterior, o Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
Con carácter urxente e en colaboración coas diferentes Administracións competentes, planificar e iniciar o proceso de limpeza e remediación das zonas afectadas polos residuos de Lindano, adoptando as medidas necesarias para a protección e prevención da saúde pública; establecer normas de aplicación ante nova aparición de verquidos e dispor dun Protocolo de control sanitario da poboación afectada ou potencialmente afectada pola exposición ao lindano”.