
Montse Magallanes e Carlos Font acudiron á súa estrea que contou coa financiación do Plan Concellos
O acto de inauguración, ao que asistiron máis de 200 nenas e nenos, tamén serviu para dar o pistoletazo de saída das DEPOrte Escolas de fútbol no concello do Baixo Miño
A deputada de emprego, Montse Magallanes, e o deputado de cooperación, Carlos Font, asistiron esta tarde á inauguración dos traballos de renovación do Campo de Fútbol Municipal da Sangriña, na Guarda, actuación longamente esperada que foi financiada pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos a través dunha achega de 169.595, 78 euros. Esta inauguración, á que asistiron máis de 200 nenas e nenos do Club Sporting Guardés, tamén serviu para dar comezo á actividade deportiva das DEPOrte Escolas de fútbol deste curso 2018-2019, actividade gratuíta para os nenos e nenas de toda a provincia.
O proxecto para a renovación do campo da Sangriña consistiu na reposición do céspede, tamén substituíronse as mallas das porterías, as bandeiras dos saques de esquina, erevisouse o sistema de arroio e de drenaxe do campo.Durante o acto, o deputado provincial Carlos Font sinalou que “estas obras responden a unha histórica demanda da cidadanía, xa que o céspedesufrira un notable deterioro froito do desgaste polo uso intensivo durante máis dunha década”.
Amais do investimento que serviu para renovar o Campo de Fútbol Municipal da Sangriña o concello da Guarda xa ten recibido no que va de ano 722.659,66 ao abeiro do Plan Concellos 2018. En total, co Plan Provincial, o concello do Baixo Miño ten este ano a súa disposición 1.348.813,20 euros, un 76,09% máis que no 2017.