Exporá o os primeiros resultados da investigación que sitúan presenza humana fai 300.000 anos
Hoxe ás 20.00 h o arqueólogo Eduardo Méndez-Quintas ofrece, no Centro Cultural Municipal, unha conferencia na que adiantará os primeiros resultados dos derradeiros traballos arqueolóxicos que, co apoio do Concello do Porriño, desenvolvéronse nas Gándaras de Budiño.
O pasado mes de xullo, Méndez-Quintas dirixiu, xunto a Manuel Santonja do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH), o reinicio da investigación no xacemento paleolítico de As Gándaras de Budiño.
O propio Eduardo Méndez sinala que as escavacións realizadas proporcionaron “sedimentos que poderán datarse moi doadamente e que amosarán que superan, con moito, os 26.000 de antigüidade que se lles atribuirá nun principio e indicarán que teñen unha idade de entre 200.000 e 300.000 anos”, o que reafirma que o de As Gándarás é un dos enclaves arqueolóxicos máis antigos de Galicia.
Hai que lembrar que este xacemento foi un dos primeiros lugares da época paleolítica escavados en Galicia, tralo seu descubrimento en 1961 e que, logo de varios estudos posteriores, avalados por recentes traballos, confirman a idea de que a primeira presenza humana en Galicia é anterior aos 300.000 anos.
Coa conferencia de hoxe, inaugurarase unha pequena exposición -“Os primeiros humanos das Gándaras de Budiño”- que inclúe unha escolma dás pezas máis significativas entre as recuperadas durante os traballos arqueolóxicos deste ano, “en especial de bifaces, ferramentas líticas empregadas para cortar, relar e furar outros materiais, ademais de lascas, elementos moi característicos daquela época”.
A mostra conta con información sobre a historia dos traballos arqueolóxicos do xacemento, dos aspectos principais do mesmo e da súa importancia no estudo da pegada do home en Galicia.