O club de montaña Caminhantes do Condado ofrece tres trails de distintas categorías e unha andaina nunha ruta circular
A concellería de Deportes do concello de Ponteareas colabora co Club de Montaña Caminhantes do Condado que organiza o V Trail de Arcos este domingo día 7 de outubro.
A saída será na casa cultural de Arcos para todas as probas que propón a organización co obxectivo de ofrecer retos para todos os públicos.
A carreira transcurrirá por sendeiros e pistas durante 4,5 km ata a Cruz da Picaraña, dende alí, dirección ao Castelo de Villasobroso sobre o km 10. Saíndo do Castelo, a carreira subirá ata Coto Landín, onde se desdobrará e o trail corto dirixirse cara a Chan das Carballas, vértice xeodésico para despois baixar ata Arcos.
O trail largo discurrirá dende Coto Landín en dirección Castro de Troña km 16, para despois cruzar a parroquia de Pias, ata chegar as ruinas da Casa do Tapalata, baixaremos ata o km 19 en Quintela. Dende alí subiremos pola trailera que nos llevará de novo ao Monte da Picaraña ata o vértice xeodésico, para logo baixar en dirección á meta, na Casa Cultural de Arcos.
Deste xeito ás nove da mañá será a saída do trail longo de 26 km cun desnivel positivo de 1650 m; o mini trail de 11,5 km arrincará ás 10.00 h da mañá, acadando un desnivel positivo de 650 m; e o trail curto con saída tamén ás 10.00 h de 16km de percorrido, cun desnivel positivo de 1050 m. As tres probas pertencen ao calendario da Copa Galega en categoría absoluta, cadete e junior, respectivamente.
Para que todas as familias poidan participar desta actividade, na que ademais de deporte podemos apreciar o patrimonio natural de Ponteareas, a organización tamén ofrece unha andaina de 8 km que parte ás 10:15 h baixo o título de “Roteiro dos Penedos”.
A marcha conta co apoio da Federación Galega de Montañeiros e da Comunidade de Montes Veciñais en man común de Arcos.
A organización porá a disposición dos interesados un tope de 600 dorsais para as dúas carreiras. As inscripciones estarán abiertas ata as 23:59 h de hoxe, na web de ChampionChipNorte.