Redacción 02/10/2018

Trátase dun documental de Fran Leboso sobre o Paleolítico de Galicia, que demostra a súa importancia no panorama internacional 

 

O próximo domingo 7 de outubro, ás 20.00 h na Sala Ingrávida do Porriño, estréase o primeiro episodio de “Ecos de la Historia”, rodado en diversas covas, canóns  e incríbles paisaxes desta terra que conta cun pasado e unha beleza únicos.

Produción propia de Parolas Récord, baixo a dirección e guión de Fran Leboso, quen tamén fixo traballos de produción xunto a Rebeca Leboso, quen ademais, estivo a cargo das fontes históricas.

Dado que o eixo central dete documental é o Paleolítico de Galicia, ámbolos dous irmáns, mantiveron unha estreita colaboración cos arqueólogos do Instituto de Estudos Miñoranos, da Universidade de Santiago de Compostela e da Universitat Rovira i Virgili; así coma cos directores das excavaciones de Cova Eiros e Valdavara.

Contaron tamén cun gran equipo de arqueólogos como Eduardo Méndez, Arturo de Lombera, Olalla Prado, Irene Valverde, Manuel Vaquero e Xosé Pedro Rodríguez.

Na estrea contaremos coa presencia de toda a equipa de rodaxe, coma o director e os actores das recreacións, e de Eduardo Méndez entre outros historiadores e arqueólogos, para poder contarnos a súa visión e a súa experiencia realizando este traballo cun equipo tan multidisciplinar.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad