Redacción 02/10/2018

A publicación dun controvertido artigo no diario La Voz de Galicia fai que a eludida concelleira do grupo de Non Adscritos transmita o seguinte comunicado

 

 

Con motivo da nova publicada na Voz de Galicia ó 29 de setembro, onde un xornalista baixo un falso titular do “Concello do Porriño contrata a unha edil que sostén o governo”, véxome na obriga moral e política de comunicar o seguinte:

Por un lado no que se refire ao proceso de selección:

1. Son demandante de emprego anotada no INEM e non teño dedicación exclusiva nen parcial no governo do Porriño, polo que non cobro salario pola miña condición de concelleira electa.  É o INEM, dada a miña condición de desempregada e en procura de emprego, quen me selecciona para participar neste proceso de contratación. De non facelo, perdería os dereitos e prestacións que recibo según a lei vixente. Non intervén o concello, polo tanto, nesta selección.

2. As bases do proceso de contratación son, practicamente, as mesmas dende hai anos. Moito antes de que entrara este governo, e son marcadas pola orde da Deputación Provincial, que financia a maior parte deste programa de fomento de emprego.

Atendendo a esas bases, eu acredito as seguintes condicións: Maior de 45 anos, Familia monoparental con fill@s a cargo menores de 26 anos, membros con discapacidade, familia numerosa, desempregada de longa duración, experiencia profesional (no meu caso de mais de 18 anos), e titulación de grao superior de informática e programación; é polo que acado cunha puntuación de 5,80 puntos na selección baremada pola documentación aportada no servizo público de emprego.

3. A selección de compoñentes de funcionarios do Concello do Porriño se designa en tódolos concellos do mesmo xeito, contemplados na lei 7-1985 de Bases de Réxime local apartado de Competencias. O tribunal simplemente da fe de que a documentación que obra no expediente é correcta, oficial e acreditada documentalmente.

Polo tanto, estamos diante dun proceso transparente, suxeito á legalidade e correcto, dende o punto de vista administrativo, no que non hai, nin pode haber, ningún tipo de intervención política co modifique. Insinuar calquera tipo de beneficio cara a miña persoa, como da a entender o titular e a nota de prensa, carece totalmente de fundamento e cae polo seu propio peso.

Por outra banda, no que reflicte á subvención a un equipo de baloncesto de persoas con discapacidade física:

A subvención foi aprobada nos orzamentos deste ano 2018, coa cuantía de 45.000 €. Esa subvención ten un apartado de alcance plurianual de 30.000 € para a compra das cadeiras de rodas adaptadas á práctica do baloncesto, sen as cales esta poboación non podería practicar ese deporte. Esta información obra no expediente 3127/2018, e é entregada a una asociación sen animo de lucro, rexistrada en entidades deportivas da Xunta de Galicia co nº 12954 e co cif G27844133 (BACAROPO). Os 30.000 € están, a día de hoxe, debidamente xustificados con facturas que acadan a cifra de 29.909,14 € de gasto na compra de cadeiras, roupa deportiva, e serigrafía. Pendente dun gasto de material adaptado para o asento según usuari@s das cadeiras.

C) Voto decisivo na aprobación dos orzamentos A aprobación dos orzamentos e funcionamento orgánico do pleno no Concello do Porriño depende de 17 membros de diferentes partidos políticos. Os orzamentos do Porriño, deste ano 2018 foron aprobados pola maioría do pleno. Polo tanto o meu voto é tan decisivo como o de calquera persoa que forme parte do pleno. Nin máis nin menos.

Cal é a crítica desta publicación? A defensa dunha concelleira para aportar os colectivos mais desfavorecidos o acceso a unha actividade de interese social e integración das persoas con discapacidade? O reparto equitativo dos cartos dun concello para os veciños? Ou se tenta dicir que esta concelleira se lucra da discapacidade do seu fillo? Non debería de ser o principal obxectivo dun politic@ tentar que tódolos veciños reciban o mesmo trato e teñan os mesmos servizos? Por que está máis xustificada unha subvención de 100.000 € para un campo de fútbol e non para comprar cadeiras de rodas para o baloncesto só no ano 2018?. Ou defende a Voz de Galicia a discriminación para o colectivo de discapacitados ignorado polos gobernantes até o dia de hoxe que se gabaron de ser o Concello do Deporte?

Nin no proceso de selección, nin no asunto da subvención hai nada oscuro nin ilegal ou incorrecto como da a entender a nota. Ambos os dous, son actuacións de pleno dereito amparadas pola lexislación vixente.

Agardámoslles dende o 2 de outubro até o 27 de maio, os martes e xoves de 19:00 a 21:00 no pavillón do CEIP Ribeira de Torneiros para as sesións de adestramento do Bacaropo, ou os sábados de 10:00 a 12:00 h nas escolas deportivas para a súa inserción e colaboración social.

Atentamente unha política sen partido, contra vento e marea seguirei actuando en conciencia e sen ataduras no meu labor de concelleira; e tomando as decisións que considere máis axeitadas ao meu xeito de pensar.

Firma: María Sabela Landín Estévez

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad