Redacción 01/10/2018

16 porriñeses en situación de desemprego formaranse en Atención socio-sanitaria a domicilio e institucións

 

Un total de dezaseis veciños do Porriño en situación de desemprego comezaron hoxe un obradoiro de emprego de garantía xuvenil, remunerado, de 6 meses de duración, impulsado polo Concello e en colaboración coa Xunta de Galicia.

O obradoiro, como sinalou a súa directora na presentación do mesmo, abrangue formación teórica e práctica sobre “Atención socio-sanitaria a domicilio e institucións” durante un período de medio ano, no cal os participantes cobrarán o salario mínimo interprofesional -que para este 2018 está establecido en 735,90€- e ao remate recibirán una Certificación Profesional.

No acto de presentación, a concelleira de Emprego, Soledad Girón, subliñou que esta formación abre as portas de futuros traballos e animou ás e os participantes a que aproveiten esta oportunidade que pode ser un paso importante de cara á integración no mercado laboral.

A alcaldesa, Eva García de la Torre, asegurou que a atención socio-sanitaria “é xa, e aínda o será máis no futuro, unha das áreas nas que haberá máis saídas profesionais, considerando o aumento da esperanza de vida e o feito de que os organismos e institucións públicas queremos extender ese ‘Estado do Benestar’ de xeito que acolla a todas e todos os cidadás”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad