Redacción 27/09/2018

Este Plan, dirixido a mozos e mozas menores de 25 anos, permitirá acadar coñecementos en novas tecnoloxías aplicables ao mundo laboral

 

As catro actividades formativas que, nestes últimos meses do 2018 e xaneiro do 2019, poñerá en marcha a Concellería de Formación e Emprego do Concello de Salceda de Caselas, que xestiona Loli Castiñeira, son “Introdución ao deseño e impresión 3D”, “Desenvolvemento de aplicacións móbiles Android”, “Deseño de videoxogos con Wimi” e “Robótica, programación por bloques”, son.

Segundo Loli Castiñeira, catro cursos “que permitirán aos mozos e mozas adquirir coñecementos aplicables ao mundo laboral e, polo tanto, melloran as súas posibilidades de atopar un traballo”.

Para participar nestes cursos, os interesados e interesadas deberán presentarse co seu correspondente DNI, no CLD do Torrón á hora indicada para cada unha das probas de selección, tralas que se realizará a correspondente inscrición.

O primeiro curso en poñerse en marcha será o de Introdución ao deseño e impresión 3D, que se desenvolverá os sábados, entre o 6 e 24 de outubro ata completar un total de 16 horas lectivas. A proba previa e a inscrición será o día 1 de outubro ás 17 horas.

Os mércores do 10 ao 21 de outubro, terá lugar o curso de Desenvolvemento de aplicacións móbiles Android, cun total de 20 horas lectivas e coa proba previa e inscrición o día 3 de outubro ás 17 horas.

Xa no 2019, entre os día 9 e o 20 de xaneiro e con clases os mércores, terá lugar o curso de Deseño de videoxogos con Wimi, de 20 horas, con proba de selección e inscrición o día 27 de decembro ás 10 horas.

Finalmente, entre os días 12 de xaneiro e 2 de marzo e con clases os sábados, terá lugar o curso de Robótica, programación por bloques, de 16 horas e que terá a súa proba de selección e inscrición o 26 de decembro ás 10 horas.

Tres Concellerías traballan de maneira conxunta neste Plan: Concellería de Formación, de Ensino e de Mocidade.

Tal e como explicaba o alcalde, Marcos Besada, “Salceda, o segundo municipio de Galicia coa media de idade máis baixa, non pode esquecerse da mocidade á hora de ofrecerlle unha formación que lle permita atopar unha saída no mercado laboral”.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad