Redacción 18/09/2018

Os axentes arrestaron a un varon de 60 anos de idade como o presunto agresor dunha muller que se presentou polo seu propio pé ata a comisaría

 

Axentes da Policía Local do Porriño arrestaron este luns pasado 17 a J.A.S.V., un varón de 60 anos de idade, coma presunto autor de un delito de violencia de xénero.

Segundo indica o responsable da Policía Local, os feitos sucederon ás 20:39 h de ont; a esa hora a vítima achegouse á Xefatura para denunciar que viña de ser agredida pola súa parella, “amosando uns claros hematomas”.

Axiña activouse o protocolo de actuación establecido na Policía para situación de violencia machista, sendo trasladada a vítima ao Punto de Atención Continuada (PAC) de urxencia do Centro de Saúde do Porriño para que fora asistida e, posteriormente, tramitando a presentación da denuncia contra o suposto agresor, “atopándose, en todo momento, acompañada polos axentes ata a detención da súa parella”.

Do mesmo xeito, deuse aviso ao servizo xurídico do Centro de Información á Muller (CIM) do Porriño, para que asesorase á denunciante.

Logo de varias xestións, ás 22:10 h foi detido o presunto autor dos feitos e presentado ante o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 3 do Porriño, que atende os casos de violencia de xénero.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad