Redacción 13/09/2018

A Policía Local conclúe na súa investigación que este veciño de Vigo simulaba ser atropelado

 

A Policia Local de Ponteareas, dependente da concellería de Seguridade Cidadá, investiga a un veciño de Vigo que intenta simular que foi atropelado.

Os feitos sucederon o pasado 4 de agosto cando os axentes acudiron a Avda Castelao, comisionados por unha chamada para dar resposta ao suposto atropelo dun peón.

Unha vez no lugar e logo de entrevistarse co suposto atropelado, os axentes xa observaron moitas incoherencias no relato dos feitos. Este peón foi trasladado o centro médico, donde o relato feito ao facultativo do servizo de urxencias tamén era contradictorio, polo que foi dado de alta.

Según a Policía Local posteriormente este peón autolesionouse nunha caída nos arredores do centro de saúde e foi trasladado ao centro Hospitalario de POVISA.

Por parte dos axentes continuose coa investigación dos feitos con declaración de diversas testemuñas e condutores, na que se conclúe que este peón simulaba ser atropelado por vehículos parados, poñéndose diante e tirándose ao chan, supostamente para percibir algún beneficio do seguro do vehículo; todo isto considerase un delito de Estafa, polo que os feitos foron postos a disposición do xulgado de Garda de Ponteareas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad