Redacción 06/09/2018

O Alcalde aclara que as multas so entorpecen a xestión e provocan unha perda de cartos

 

 

O concello de Ponteareas aclara ao grupo ecoloxista Adenco que as multas administrativas non axilizan o proceso de mellora dos vertidos ao río Tea e tan só supoñen un gasto e unha entrega de cartos á adminstración, cartos que poderían ser derivados a outros servizos en beneficio da cidadanía e do mediambiente.

O Alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Represas, explica que as sucesivas multas teñen unha orixe que ven de moitos anos atrás, máis de vinte anos, cando anteriores gobernos do PP decidiron instalar unha depuradora insuficiente para o caudal que recibiría e que ademais non tiña en conta a previsión de crecemento da cidade. Este erro e falta de previsión provoca agora que reciba máis caudal do que debe tratar e que a través do aliviadeiro se produzan vertidos.

Represas explica que aínda que agora se producen moitas multas non é precisamente porque se deba a un aumento dos vertidos, simplemente é froito dunha maior “preocupación” de Adenco e do seu responsable, Anxo Saborido, por denunciar con relación á épocas anteriores con gobernos do Partido Popular.

O Alcalde asegura que o río agora non está peor, o mellor exemplo río é que a praia de San Roque que durante décadas non era apta para o baño, dende hai dous anos sí, dende a eliminación dos vertidos do regato da Venda.

A solución aos vertidos está en marcha e Adenco e Anxo Saborido teñen constancia disto. O goberno de Ponteareas propuxolle a Confederación Hidrográfica un acordo para solucionar entre a propia Confederación, dependente do Estado, a Xunta de Galiza e o Concello un acordo entre as tres administracións para solucionar o grave e crónico problema dos vertidos ao Tea.

Esta proposta, como xa se ten informado, deu os seus froitos e neste momento estanse redactando dous proxectos por un importe toal de 4,5 millóns de euros que pretenden dar solución as verteduras sen depurar ao Tea. Xa está comprometida a financiarán do 60%. dos 4,5 millóns con cargo aos Fondos europeos por parte do Estado  “Isto si é unha medida en marcha e en firme para solucionar os problemas crónicos do noso río Tea. Isto si é axilizar e traballar en positivo e non pondo atrancos que dificulten a xestión”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad