O emprego desta sustancia canceríxena foi prohibido en Pleno fai dous anos por unanimidade
“A reiterada incapacidade do Partido Popular para incumprir os acordos aos que se compromete, tanto coa veciñanza, como en sesión plenaria”
Fai case 2 anos aprobouse por unanimidade unha moción do grupo municipal GañaMos, consistente en “prohibir o uso dos herbicidas que conteñen glifosato ao tratarse dun composto que, según denuncia a Organización Mundial da Saúde, provoca cancro nas persoas. Ademais existen sentenzas recentes contra o fabricante deste produto, impoñéndolle como condea o pago de indemnizacións por provocar cancro”.
O grupo GañaMos explica que “o Partido Popular acordou desfacerse dos bidóns de glifosato almacenados nas dependencias municipais; 2 anos despois visitamos ditas dependecias e atopámonos con que aínda hai 2 bidóns. O cal fainos sospeitar que non só non se desfixeron do produto entregándollo a un xestor de residuos, senón que seguiron empregandoo irresponsablemente”.
Ante a presenza destes dous bidóns de glifosato, dende GañaMos pregúntanse “¿por qué hai glifosato almacenado nas dependencias municipais, cando hai xa 2 anos que se aprobou no pleno desfacerse de él e non usalo máis? ¿Por qué só hai 2 bidóns, qué pasou co resto? E si se desfixeron do resto, ¿por qué deixaron 2 sen entregar a un manipulador de residuos?”.
Finalizan sentenciando que “Un tras outro o Partido Popular incumpre os acordos, incluso os que eles mesmos propoñen”.