Redacción 02/09/2018

As concelleiras socialistas presentaron no pleno do venres unha petición para que se lles permita acceder á documentación

 

O grupo municipal socialista de Salceda presentaron unha iniciativa no pleno para instar ó alcalde a que lles dea acceso á información solicitada en tempo e forma.

A voceira, Verónica Tourón, afirma que “en moitos casos temos que esperar pola documentación solicitada máis de catro meses, ó igual que para poder consultar o rexistro, e iso non é de recibo”

Alardean dende o equipo de goberno de transparencia, cando o certo é que despois se nos limita e impide facer a nosa labor de oposición, restrinxíndonos o acceso á información”, indican as concelleiras socialistas.

Por outra parte tamén queren denunciar publicamente o cambio de proceder nas sesións plenarias por parte do alcalde, que leva varios plenos non deixando preguntar, permitindo soamente as preguntas por escrito, tardando despois a dar a resposta dous meses (no seguinte pleno ordinario). Feito que sorprende, cando sempre se puideron realizar as preguntas oralmente coa súa resposta no propio pleno. Considera Tourón que esta actitude é “para evitar o debate e agochar a súa falta de xestión”

Por outra banda, as socialistas trasladaron no pleno diferentes cuestións achegadas pola veciñanza como:  o deterioro e falta de limpeza das beirarrúas, a falta de mantemento no Parque Raíña Aragonta ou as condicións dos colexios cara o inicio do novo curso. Tamén cuestionaron a falta dun plan de actuación cara outono-inverno cara posibles trombas de auga como anos anteriores, ou que non se solicitase para Salceda ningún programa de emprego, entre outros temas.

En relación coa asistencia dos traballadores do concello no pleno reclamando os seus dereitos, o grupo socialista quere trasladarlle de novo o seu apoio, “seguiremos apoiando a defensa dos dereitos de calquera traballador ou traballadora e por suposto dos empregados públicos do concello tamén, como non podía ser doutro xeito”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad