Redacción 01/09/2018

Esta mañá celebrouse a festa de clausura que contou co equipo do Servizo Municipal de Emerxencias para que os cativos se refrescaran

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Educación mosense, Camilo Augusto, acompañaron no Colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos aos nenos e nenas mosenses que participaron nas catro quendas do campamento infantil estival Mañás de Verán, durante a festa de clausura que se organizou para eles.

Durante a celebración puideron participar en diversos xogos, gozar nos dous hinchables xigantes instalados no patio de recreo do centro educativo, organizóuselles unha merenda moi especial, e contaron cos camións motobomba e o equipo humano do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos, grazas ao que puideron refrescarse bañándose coa auga das mangueiras.

Este ano participaron nas Mañás de Verán un total de 222 rapaces, 38 máis que o ano pasado, cando foron un total de 184 os cativos participantes.

Cada unha das catroquendas do campamento tivounhaduración de quince días. Trátasedunha iniciativa dirixida a nenos e nenas 3 a 12 anos de idade. O campamento lévase a cabo nas instalacións do colexio Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos), en horario de 9.00 a 14.30 h. Os días 25 de xullo, 7 e 15 de agosto non houbo campamento, xa que foron días festivos. E este venres, 31 de agosto, realizouse a festa de despedida á que podían asistir os nenos de todas as quendas.

Os representantes locais, Arévalo e Augusto, destacaron “a importancia que este programa municipal ten sobre todo no que respecta á conciliación da vida familiar e laboral nunha época do ano na que os nenos están de vacacións e os pais/nais deben seguir acudindo aos seus postos de traballo”.

“Ademais de contribuír a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos proxenitores, ofertámoslles aos cativos unha alternativa de lecer educativo que combina didáctida e diversión, fomentando a educación en valores a través do xogo”, explicaron a rexedora local e o edil de Educación.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad