As inscricións poden formalizarse na páxina web www.ibertenis.com ou no número de teléfono 630 188 066 ata o 4 de setembro
O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, e membros da directiva do Club Tenis Ponteareas, presentaron esta semana o X Torneo de Tenis Concello de Ponteareas, evento deportivo de gran tradición na vila que terá lugar do 7 ao 15 de setembro nas catro pistas da Freixa. Este torneo, de carácter tanto federado como popular, contará con categorías infantil, cadete, absoluta, VT+35, VT+45 e dobles, tanto masculina como feminina, na que que se xogarán en todas as categorías, agás VT+35 e VT+45.
Ata o 04 de setembro estará aberta a inscrición na páxina web www.ibertenis.com ou no número de teléfono 630 188 066.
O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, agradeceu ao Club Tenis Ponteareas pola súa aposta por manter un ano máis este torneo, e do mesmo xeito, felicitonos polo seu bo traballa ano a ano.