Unha das principais prioridades do Concello de Mos é que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso
O Concello de Mos abrirá esta semana o procedemento de licitación de 15 asfaltados en viais municipais. Trátase dun proxecto integral de renovación de firmes para garantir e optimizar a seguridade viaria na localidade mosense.
Para estas 15 obras de reposición do firme está solicitada subvención con cargo ao Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra, á espera de resolución por parte da administración provincial.
Este proceso de licitación anticipada será un procedemento aberto no que se valorarán melloras ao proxecto de obra nas ofertas das empresas licitadoras que se presenten a concurso.
Os camiños obxecto das obras para a mellora da seguridade viaria son o camiño da Estrada, parroquia de Sanguiñeda; o camiño de Espaín, parroquia de Mos; o camiño a Torroso, parroquia de Sanguiñeda; o camiño Cacheno, parroquia de Tameiga; a estrada de Generoso Domínguez, parroquia de Tameiga; o camiño do Pazo, parroquia de Guizán; o camiño dos Cacheiros, parroquia de Louredo; o camiño Sobreiro, parroquia de Cela; o camiño Maceira, parroquia de Cela; o camiño do Campiño, parroquia de Cela; o camiño de Caforra, parroquia de Tameiga; o camiño da Rúa, parroquia de Mos; o camiño de Almuíña, parroquia de Louredo; o camiño Ponte do Río, parroquia de Mos e o camiño Carballo Queimado, parroquia de Petelos.
Todos eles presentan actualmente pavimento de asfalto, a excepción de pequenos ramais en algún deles (en concreto en dous), e en moitos deles, nestes últimos 20 anos realizouse a rede municipal de sumidoiros coas respectivas acometidas domiciliarias e que case todos posúen traídas veciñais de auga (con canalizacións de mais de 20 años de antigüidade), que presentan roturas semanais (o cal ocasiona a realización de reparacións e reposicións de asfalto puntuais). É por elo que os pavimentos presentan un estado deteriorado que urxe reposición de firme.
Posto que o Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atopenas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria, polo que cada ano realiza un Plan Anual de Mellora de Viais Municipais acometendo unha batería de asfaltados de estradas e camiños; a administración local incia agora este proceso de licitación de obra para executar estes 15 traballos en 15 camiños e estradas de diferentes parroquias da localidade mosense.
Esta batería de 15 asfaltados requerirá dunha inversión duns 500.000 €.