Redacción 22/08/2018

A Concellería de Emprego e Formación oferta neste obradoiro dúas modalidades de atención sociosanitaria a persoas

O plazo de inscrición remata o luns 27 de agosto

 

A Concellería de Formación e Emprego do Porriño, que dirixe Soledad Girón, vén de anunciar o prazo de inscrición que será ata o vindeiro luns, día 27, incluído, para os cursos de ‘Atención Socio Sanitaria a persoas no domicilio’ (SSCS01ET, código 340 ou 320), e ‘Atención socio-sanitaria a persoas en institucións sociais’ (SSCS11ET Código 340 ou 320), , dentro dos ‘Obradoiros de Emprego Porriño Social’.

As persoas interesadas en participar nos mesmos deberán acreditar estar graduadas en Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) ou Competencias clave nivel 2, e ser menores de 30 anos de idade, para solicitar a súa inclusión nos mesmos deben dirixise á oficina do Servizo Galego de Emprego (antigo INEM) do Porriño.

Terán prioridade aquelas persoas que soliciten un dos devanditos cursos e as que sexan seleccionadas asinarán un contrato de traballo en formación, retribuído, durante un período de seis meses.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad