Redacción 21/08/2018

Trátase dunha unha orixinal actividade lúdica ao aire libre para disfrute de pequenos e maiores e de balde

 

A vindeira fin de semana chega a Mos unha orixinal actividade lúdica para gozar en familia organizada pola concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro. 

É a iniciativa titulada ‘XogaMos en Familia’, que terá lugar ao longo do sábado 25 de agosto nas inmediacións da Piscina ao Aire Libre de San Eleuterio. O horario será de mañá de 11.00 a 14.00 h, e de tarde de 16.00 a 21.00 h; durante todo o día cativos e maiores poderán disfrutar de xogos con elementos de construción, tirolina xigante, obradoiro de confeción de chapas, Photocall, tobogán na piscina…

Trátase dunha actividade totalmente de balde.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad