Circulaban polo municipio baixo os efectos da coaína, marihuana ou heroína, entre outras drogas
Dende o pasado mes de febreiro, e seguindo as instrucións das concellerías de Seguridade e Tráfico, a Policía Local co Porriño está a levar a cabo unha campaña sobre o consumo de drogas entre os condutores e, doutra banda, accións constantes para acabar co ‘menudeo’ a pequena escala.
O xefe da Policía Local sinala que no eido desta campaña, os axentes realizaron 30 probas positivas en drogas a persoas que circulaban polo Porriño aos mandos dun vehículo, “todas elas sancionadas con multas de 1.000 € e a perda de 6 puntos no carné de conducir”.
Dacordo cos datos da Policía, 26 dos infractores eran homes e 4 mulleres; 12 ou o 40% de todos eles, deron positivo en cocaína; 9 ou o 30%, consumiran THC -marihuana-; 6 ou o 20% do total, deron positivo en heroína; e 3 ou o 10%, en outras substancias.
Os policías interviron, en 19 casos, a diferentes persoas, substancias estupefacientes, e todas elas foron propostas para sanción pola infracción da Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá.
Conducir baixo os efectos das drogas ten consecuencias que fan a circulación moi perigosa, no caso dos opiáceos e derivados e habitual unha alteración da percepción; incremento das posibilidades de distracción ou de durmirse ao volante; asunción de riscos e decisións perigosas por mor dunha falsa sensación de control ou movementos máis lentos.
Polo que se refire a substancias coma a cocaína, a mesma causa comportamentos impulsivos; diminúe a sensación de fatiga o que leva a conducir durante máis tempo do recomendable; incita a unha sobrevaloración das propias capacidades transmitindo unha falsa sensación de confianza para afrontar situacións perigosas e leva a asumir máis niveis de risco, aumentando este comportamento ao volante coa realización de manobras temerarias ou o incremento da velocidade.