A Policía Local do Porriño arrestou a un home condeado por delito de lesións e que levaba ano e medio fuxido da Xustiza e tentando evitar o seu ingreso en prisión
Xa no Xulgado, a Policía Xudicial da Garda Civil do Porriño interviu na sua identificación ao atoparse o detido sen documentación que o certificase
Axentes da Policía Local do Porriño detiveron o pasado domingo día 15, a un individuo residente no municipio de 38 anos de idade, que se atopaba fuxido da xustiza tentando evitar o seu ingreso en prisión e, deste xeito, forzar a prescrición da súa condea.
A orde de busca e captura para o seu traslado á prisión fora ditada polo Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra, logo de que este home fora xulgado e atopado culpable dun Delito de Lesións.
Logo da súa detención, foi conducido este luns, polos axentes ao Xulgado de Instrución nº 2 do Porriño en funcións de garda, onde interviron axentes da Policía Xudicial da Garda Civil para tomarlle as pegadas datilares, ao atoparse o detido sen identificación documental. Posteriormente, tras ser recoñecido positivamente, emitiuse a orde para o seu traslado á cárcere de A Lama.
Non é o primeiro arresto deste tipo que fai a Policía Local do Porriño neste ano, o pasado mes de febreiro fora detido un home que levaba un ano fuxido dende que o Xulgado do Penal nº 3 de Vigo, ordease a súa entrada en prisión.