Redacción 10/07/2018

O Alcalde de Ponteareas adianta que esta é a primeira vez que o concello conta con tres anos consecutivos de obradoiros de emprego

 

O goberno de Ponteareas clausurou hoxe xunto ao delegado provincial da Xunta de Galicia Xosé M. Cores Tourís o III Obradoiro de Emprego “Compromiso Social III” que deu emprego e formación a vinte persoas nas ramas de sociosanitaria e albanelería. Ademais destas vinte persoas alumnas-traballadoras tamén xenerou os postos de traballo do equipo directivo, docentes e persoal adminstrativo.

Este obradoiro permitíu a mellora do curriculum de vinte alumnos e alumnas para as que ademais supuxo un traballo remunerado. Dez persoas en situación de desemprego formáronse na especialidade de operacións auxiliares de revestimento e construción nivel 1, e outras dez formáronse na rama de sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institución.

O Alcalde de Ponteareas adianta que nestes intres o 50% do alumnado participante xa atopou un traballo na rama na que se acaba de formar. “É unha satisfacción ver o obxectivo perseguido se cumpre coa inserción laboral da metade do alumnado nada máis acabar o obradoiro. De seguro que serán máis os que acaden un posto de traballo”.

Ademáis, Represas salienta que fruto do esforzo e empeño invertido na procura de ofrecer postos de traballo e formación por primeira vez Ponteareas conta por terceiro ano consecutivo cun obradoiro de emprego.

Durante nove meses traballaron contratados a tempo completo e recibiron formación teórica nas instalacións do CDL para aplicar logo estes coñecementos adquiridos nas prácticas realizadas.

Un total de 360 h de teoría e 1.080 h de prácticas que empregaron en mellorar servizos e infraestruturas municipais que beneficiarán a toda a cidadanía.

Dentro das horas de prácticas, os traballadores e traballadoras melloraron o interior da  antiga escola de Guillade e as instalacións do auditorio municipal destinadas anteriormente á radio municipal. Pola súa banda o alumnado do módulo de sociosanitaria desempregou as súas horas prácticas na residencia de maiores Santa Ana e en 43 domicilios.

Estes obradoiros, que dan prioridade ás persoasbeneficiarias da renda de integración social de Galicia, facilitan a inserción laboral e súmanse aos esforzos en materia de emprego que este goberno de Ponteareas está realizar.

Ao longo deste ano o goberno de Ponteareas tamén conseguíu unha subvención de 125.691 € para cursos de formación ocupacional dirixidos prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas.

Os cursos capacitaron ao alumnado en “Mercadotecnia e compravenda internacional” e “Creación e xestión de microempresas”. O curso de mercadotecnia, de 828 h, contou cun orzamento de 73.368 € e o de creación de microempresas, cun orzamento de 52.323 €, realizouse durante 598 h.

Unha das prioridades do goberno de Ponteareas é o fomento de emprego, nas últimas semanas tamén se abriu o prazo para inscribirse no obradoiro de emprego “Compromiso Social III” que permitirá a inserción laboral e a formación de máis de vinte persoas desempregadas.

Para o Alcalde de Ponteareas traballar na procura de apoios económicos que fomenten a creación de emprego e formación para a inserción laboral é decisivo para garantir unha mellora na calidade de vida da veciñanza. Obter formación reglada e acorde coa actual demanda do mercado laboral totalmente de balde sen ter que desprazarse a outras cidades é outro dos obxectivos do goberno de Ponteareas.

Ademais, dentro do Plan Concellos acaban de incorporarse vinte empregados aos que o concello ampliou en tres meses máis o contrato para acadar un total de doce meses nos que desempeñarán labores nos distintos departamentos municipais.

Ao longo do ano, o goberno contratou en distintos réximes traballadores e traballadoras administrativas, limpadores e limpadoras, albaneis e peóns de medio ambiente entre outros postos.

O Alcalde Suliña que por primeira vez en moitos anos fíxose unha convocatoria pública de emprego para cubrir en réxime de interinidade prazas vacantes e crear listaxes de substitucións en diferentes categorías.

“Nun proceso transparente e de igualdade de oportunidades, o goberno seleccionou funcionarios interinos e persoal laboral temporal na categoría de auxiliar administrativo e convocou unha praza de traballador/a social como persoal laboral para cubrir unha praza vacante por xubilación, creando  ao mesmo tempo listaxes de substitucións para cubrir baixas por enfermidade, vacacións ou acumulación de tarefas”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad