Redacción 10/07/2018

O goberno local ocupado noutros temas

 

Cando hai dous meses o Bng lle preguntou ao gobernó local sobre a aplicación da Lei 3/2007 de prevención de incendios, e dos cambios introducidos na Lei 9/2017, a resposta foi que non sabían en que lle afectaba ao concello.

Nese mesmo momento díxoselle que tiñan que aplicar, desde o concello, esa lei aínda , e que eles eran os responsables.

A limpeza de cunetas e balados está moi ben, as novas de que hai numerosas persoas traballando por suposto é correcto, pero contratadas agora? En pleno verán? Onde queda a prevención? De seguro que nun caixón gardada.

Quen percorra o noso concello, atopará que a gran mayoría de viais teñen as árbores prácticamente enriba da estrada,  incumplindo a normativa gravemente.

O gobernó local non quere asumir esa responsabilidade porque non quere enfrentarse aos vecinos, pero quedar ben con todo o mundo non é viable en política.

No caso dun incendio e se quedan atrapadas persoas na estrada, a quen se lle vai botar a culpa?. O responsable é  o concello por non esixir o cumplimento da lei e por non facela cumprir aínda que sexa subsidariamente.

Esiximos ao gobernó do PP que de xeito inmediato asuma a súa responsabilidade e comece a esixir , que por seguridade de toda a cidadanía se cumpla a lei.

 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad