Redacción 06/07/2018

Cine, concertos, folclore internacional, folk, música, humor, maxia, teatro, Bandas de Música e gastronomía  terán o seu espacio

 

A 1ª Tte. de Alcalde e Concelleira de Cultura, Marta Valcárcel Gómez, ven de presentar a programación que ofrece o Concello de Salvaterra ao seus veciños e veciñas para o verán, baixo o lema “Ven a Vivir agosto a Salvaterra”.

Acércase o mes de agosto e con él o inicio da programación do Verán Cultural,  dende o Concello trabállase para  ofrecer unha programación variada, para todos os gustos e idades, un programa feito e pensado para desfrutar en familia. Unha programación cultural de calidade, con unha proposta diversa, cargada de actividades e festas onde todos teñen cabida e que, en breve, chegará a todas as casas xa que conta tamén cunha dimensión transfronteiriza a través da Eurocidade Monaçao–Salvaterra.

A programación arranca un ano máis o luns 31 de xullo, no Recinto Amurallado, co espectáculo de “O mundo a danzar”, coa actuación dos grupos folclóricos de África do Sur, Arxentina, Tahití e Ucrania.

Venres 3 de agosto, na Praza do Concello, Festival Folclórica da A.C. Pontenova, coa actuación da Banda de Gaitas A.C. Pontenova e os grupos “Ardentía” e “Tanto nos ten”.

Xa un habitual na nosa programación, o sábado 4 de agosto, o Recinto Amurallado acollera o maior festival DJ ao aire libre de Galicia, O Son da Muralla, coas acuación de José de Rico, Sara Santini, Thomas Living, Dj Frisco e Marcos Peón, Dj Charlie e Dj David.

O Martes 7 de agosto os máis cativos poderán desfrutar dun concerto para eles da man de Pakolas.

Iria Estévez presentará o seu novo disco o mércores 8 de agosto, o fado, o son, a cantiga galega, músicas de Cabo Verde e Arxentina, bossa nova…

O xoves 9 de agosto poderemos desfrutar do Grupo de Baile Moderno do Casal.

O venres 10 de agosto é a Festividade de San Lourenzo, coa actuación das corais de Salvaterra acompañadas pola Banda de Música de Salvaterra de Miño, na Praza do Concello.

Imos de  guateque, música dos anos 60, 70 e 80 para todos os nostálxicos desa época, o sábado 11 de agosto no Recinto Amurallado; e entre todos os que veñan caracterizados de época, haberá un sorteo dunha viaxe.

O Luns 13 de agosto, teremos teatro de comedia infantil, coa representación  “O Vendedor de fume” na praza do Concello.

O Martes 14 e xoves 16 de agosto Cine ao aire libre na Muralla, coas película infantil Os Pitufos, A aldea escondida, e Ballerina.

Venres 17 de agosto o Festival de Bandas, na praza do Concello coa participación da Banda de Música da UVCD de Candeán, a Banda de Música de Caldas de Reis e a Banda de Música de Salvaterra de Miño.

E entramos no último fin de semán de agosto e nos preámbulos da Festa do Viño do Condado, luns 20, martes 21 e mércores 22 de agosto, Cursos/Cata -prazas limitadas-.

Poremos punto e final a esta extensa programación coa Festa do viño do Condado do Tea”, que este ano chega a súa 59 edición; viño, música e gastronomía fan unha conxunción perfeta, facendo de esta festa, unha das mellores da nosa comunidade.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad