A xestión económica do Concello de Salceda de Caselas pecha o exercicio económico de 2017 con resultado orzamentario, remanente de tesourería e aforro bruto e neto en positivo
O Equipo de Goberno do Concello de Salceda lamenta unha vez máis a actitude alarmante do PSOE, que fala de incumprimento da regra de gasto e de estabilidade orzamentaria, esquecéndose de decir que se debe ao préstamo de 789.723,63 € que o Concello de Salceda tivo que pedir para facer fronte aos pagos polas expropiacións dos terreos para o Raíña Aragonta feitas polo PP.
Acusan dende o Concello á portavoz do grupo socialista de facer demagoxia e tentar alarmar á veciñanza afirmando “que se gasta o que non se ten”, cando os resultados orzamentarios da liquidación son positivos, e a única causa pola que se incumpren algún parámetros é o mencionado crédito que o Equipo de Goberno tivo que solicitar para poder así cumprir coas persoas expropiadas, ás que o goberno do Partido Popular non lles pagou o adebedado.
O persoal técnico do Concello traballaxa na redacción dun plan económico financieiro que permita o cumprimento dos obxetivos nos anos 2018 e 2019, unhaferramenta habitual nas administracións locais que non pode presentarse con alarmismo, senon como unha ferramenta que permita solucionar os desaxustes creados nun momento determinado por unha causa determinada.
A liquidación orzamentaria do 2017 reflicte no peche das contas cun resultado orzamentario positivo de 149.616,38 €, cun 89% de execución orzamentaria. No tocante ó Remanente de Tesourería, pechouse o ano en positivo cun excedente de 417.761,02 €, con dispoñibilidade de 1.037.433,38 € nas distintas contas bancarias do Concello de Salceda de Caselas, o que dota ó municipio de liquidez para afrontar os gastos aprobados.
José Luis Gonzalez, Concelleiro de Facenda: “ Os datos ó peche do exercicio 2017 conseguiron parámetros económicos favorables para a facenda municipal, cun resultado orzamentario positivo. O Plan Económico Financeiro permitirá ademáis que o resto de parámetros presenten un resultado tamén positivo nos vindeiros anos. O PSOE volve crear alarmismo sen aportar os datos correctos, tal como fixo xa con temas tan importantes como a calidade da auga ou o ensino en Salceda”.
Marcos Besada: “Este Goberno cumpre os seus compromisos, e así fixemos tamén cos expropiados e expropiadas do Raíña Aragonta que dunha vez por todas puideron cobrar o que se lles debía. A veciñanza de Salceda sabe que seguiremos a facer unha xetión económica seria e responsable e que seguiremos a cumplir con todos e todas os que dun ou doutro xeito traballan para o Concello”.