Redacción 04/07/2018

A concellería de Ensino publica as bases e o formulario de solicitude que se pode atopar na páxina web do concello

 

A concellería de Ensino e Participación Cidadá informa que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas municipais para adquirir libros de texto para o curso 2018/2019. Estas axudas están destinadas ao alumnado matriculado en educación infantil (4º,5º e 6º), FP Básica, Ciclos Formativos e bacharelato.

O prazo de admisión de solicitudes remata o 30 de setembro de 2018 e comezará a contar dende a súa publicación na base de datos nacional de subvencións.

Co obxectivo de axudar ás familias con ingresos limitados estas axudas son incompatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade. A concellería disporá dun total de 20.000 € para axudar á compra de libros e material escolar ata un máximo de 100 €.

Os e as interesadas poden consultar as bases e obter as fichas de inscrición na pestaña “Ensino, convocatoria axudas” https://ponteareas.gal/servizos/ensino/convocatoria-axudas/

A concelleira de Ensino, Cristina Fernández, insiste na importancia de axudar ás familias con maiores limitacións e na prioridade de garantir o acceso a un ensino de calidade.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad