Trátase dos traballos iniciados o pasado mes de febreiro
A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, vén de acometer, con cargo á subvención do ‘Plan Marco 2018’, da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a mellora de camiños na parroquia de Pontellas, unha vella reivindicación dos veciños da mesma que, salienta Carrera, agora faise realidade.
Nos vindeiros días rematarase o asfaltado, cunha capa de calidade D12, de 5 centímetros de grosor, e sinalización das liñas horizontais da calzada, nos camiños de O Corzón, onde se completará unha superficie de 1.000 m2; A Rotea, con 1.680 m2, Abelenda e a contorna do Torreiro de San Pelaio.
En total estes traballos contan cun orzamento de 63.367,70€, e veñen a completar os acometidos pola Concellería de Vías e Obras, en febreiro deste mesmo ano, que consistiron na colocación dun total de 190 metros lineais de tubaxes para o saneamento, 10 metros de colectores para recollida de pluviais e 6 pozos de saneamento, cun investimento de 15.000 €, todo, lembra o tenente de alcalde, “cuberto con fondos municipais”.
Manuel Carrera subliña que esta nova obra non podería realizarse sen a inestimable colaboración de varios veciños da zona que cederon, “de xeito desinteresado e para beneficio do ben común”, parte dos terreos que permitiron aumentar o ancho destes camiños “mellorando deste xeito a seguridade para vehículos e peóns”.