O goberno de Carmela Silva súmase un ano máis á conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBI e ao recoñecemento dos 40 anos das primeiras celebracións no noso país
A Deputación de Pontevedra lucirá na súa fachada a bandeira arco iris, ao longo da fin de semana, para sumarse as celebracións do día do Orgullo 2018 e unirse a celebración internacional en defensa dos dereitos do colectivo LGTBI (lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais). Ademais este 2018 cómprense o corenta aniversario das primeiras manifestacións no país para conmemorar a celebración do día do Orgullo.
A presidenta, Carmela Silva, sinalou que “este xoves é o día no que a sociedade se pon de lado das persoas. É certo que cada vez temos unha sociedade máis aberta, máis comprometida e máis igualitaria pero aínda queda moito por avanzar. De feito din os datos que en España e en Galicia é aplastantea maioría dos delitos de odio que se fan contra as persoas LGTBI e polo tanto hai que seguir demandando, denunciando, reivindicando e poñéndose ao lado da igualdade, da tolerancia, do respecto e da inclusión”
A pesares dos avances ao longo deste corenta anos no noso país a discriminación por motivo de homofobia, bifobia e transfobia, moi lonxe aínda de desaparecer, continúa non só existindo, senón que parece recrudecerse, tal como poñen en relevo o último Informe sobre delitos de odio do Ministerio do Interior e os publicados polos distintos Observatorios contra A homofobia, transfobia e bifobia que traballan en diferentes comunidades autónomas do noso Estado. Por elo dende a Deputación de Pontevedra considerase aínda moi importante recordar nestes días o levantamento fai 49 anos no pub neoiorquino “StonewallInn” que deron comezo a unha nova onda de reivindicación de dereitos e liberdades ao redor da sexualidade no mundo enteiro.
En breve tamén cumprense corenta anos no país dende a despenalización da homosexualidade, trece desde a lei 13/2005 que fixo posible o acceso igualitario ao matrimonio, declarada constitucional fai xa seis anos; e once anos pasaron desde a primeira Lei de Identidade de Xénero 3/2007, reguladora da rectificación rexistral da mención relativa ao sexo das persoas, cuxa actualización e adecuación a novos tempos atópase no Congreso. Pero aínda queda moito camiño na igualdade efectiva, tanto lexislativamente como no día a día, polo que é necesario manter os símbolos que visibilizana loita nesta defensa dos dereitos do colectivo LGTBI.