Redacción 27/06/2018

Derrubouse parte do muro da finca que acolle o edificio de Protección Civil

 

Dende a bancada socialista censuran o comportamento do goberno local fronte o mantemento das instalación públicas do Concello de Mos, xa que o pasado luns unha parte do muro do edificio de protección civil derrubouse.

O muro erguido o carón dun río non tivo as tarefas de mantemento oportunas e o transcurso do tempo e a acción erosiva do río provocaron o seu derrube.

Cunha consecuencia lóxica pola desidia do goberno, o muro e restos de pedras acabaron no río. A portavoz socialista, Patricia Pérez di  “este non é máis ca outro exemplo do deixamento que mostra este goberno e a súa mala xestión, xa que cunha previsión e mantemento das instalacións este derrubamento non se houbera producido”.

Tamén engade “o Partido Popular debería empezar a mostrar máis interese nas instalacións das que dispoñemos, que non se deterioren e facer unha boa xestión dos recursos, velando pola súa conservación”. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad