Trátase de melloras na cuberta e da sustitución dos baños do colexio que teñen un orzamento de 15.000 € a pesar de que “debería de facer a Xunta de Galicia”
Coma sinalara a alcaldesa hai uns días, e dacordo co compromiso que adquirirá o pasado día 7 coa Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CEIP Plurilingüe de Atios, o Concello do Porriño iniciou xa as obras de mellora do tellado do centro que, subliña Eva García de la Torre, “asume na súa totalidade o Concello, por medio da Concellería de Educación, maila que a competencia de realización das mesmas é da Xunta de Galicia, como establece o regulamento”.
No mesmo centro, e como a alcaldesa asegurara ás Nais e Pais e ao director do CEIP de Atios, o Goberno local fixo unha avaliación do estado no que se atopan os baños e, tamén, realizará os traballos de substitución dos mesmos.
En total, subliña Eva García de la Torre, o Concello do Porriño investirá máis de 15.000€ nestas obras que, insiste, son competencia da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o mesmo que os danos estruturais nas fachadas que causan filtracións de auga provocando curtocircuítos no sistema eléctrico.
A alcaldesa repite que “o Goberno local fará todo canto sexa preciso para que as nenas e nenos que estudan nos centros educativos do Porriño acudan a clase coa máxima seguridade e que estuden en colexios en perfectas condicións, algo que, polo que se ve, non preocupa moito á Xunta”.