A organización fixo unha lectura dun manifesto en apoio ó colectivo e amosou a súa repulsa a discriminación por orientación sexual ou identidade de xénero no rural
Para as mozas e mozos socialistas foi un pequeniño paso o poder lograr ver a bandeira multicor colgada na fachada do concello, despois de volver a solicitar no rexistro o izado de dita bandeira por segundo ano consecutivo, festexan que as súas reivindicacións sexan escoitadas para seguir na loita pola integración e respecto do colectivo no rural.
Pretenden que este tipo de accións non queden nun simple acto simbólico senón que as administracións sexan quen de por solucións reais a discriminación que lamentablemente segue estando presente na sociedade.
Xuventudes socialistas de Mos ven de celebrar no día de onte o primeiro acto da historia do concello de Mos para apoiar a visibilidade do colectivo LGTBI no rural, onde a organización moza fixo unha lectura dun manifesto en apoio ó colectivo e amosou a súa repulsa a discriminación por orientación sexual ou identidade de xénero no rural.
Creen firmemente que Mos é un pobo plural e diverso, con gañas de avanzar en este senso pero lamentan que o actual goberno do Partido Popular non deixe avanzar a Mos neste e noutros temas. No acto contaron coa presenza das concelleiras socialistas no consistorio de Mos, Patricia Pérez e Silvia González ademais da secretaria xeral do PSdeG PSOE de Mos Victoria Alonso.