Celebrarase este sábado 23 de Xuño na praza de San Sebastián a partir das 19.00 h
A Xunta Directiva da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián presentou hoxe a Xª edición da Festa do Chouripán do Porriño, que se celebrará o vindeiro sábado 23 de Xuño na Praza de San Sebastián do Porriño a partir das 19:00 horas.
A Xunta Directiva informou que os asistentes á Festa do Chouripán poderán degustar o tradicional “chouripán” elaborado de xeito artesanal con producto do país e co tradicional “Pan do Porriño”, que suministran varias panaderías porriñesas. Os asistentes poderán degustar o “chouripán” cunha bebida por tan só 2,5 euros.
Asimesmo, a Festa do Chouripán contará coa tradicional fogueira de San Xoan e con animación musical e cultural para facer máis agradable a experiencia que se acenderá ás 12:00 da noite.
Asimesmo, este ano, a Festa terá un evento especialmente emotivo: a colocación da placa da nova praza Fidenciano Palacín. Trátase dunha inicativa que a asamblea de socios da AAVV aprobou no ano 2016, e que reivindica a figura de D. Fidenciano Palacín, veciño do barrio, impulsor de moitas iniciativas sociais e culturais e moi coñecido por ser o antigo carteiro do Porriño, como xa se ten destacado en prensa.
A solicitude da Asociación de Vecilños foi aprobada en pleno da corporación municipal do Porriño por unanimidade de todos os grupos da corporación local e asumida polo goberno local, a través da concellería de Urbanismo que dirixe D. Marcelino Coto Troncoso. Así pois, ás 19:00 horas do sábado, será a inauguración pública da placa que vai renomear a praza anexa a capela de San Sebastián do Porriño, que pasará a denominarse, Praza Fidenciano Palacín. Un feito que congratula a todos os socios e un acto de merecido recoñecemento. A presidenta da AAVV, Carmen Rodríguez, afirmou que “se cumpre un acordo da nosa asamblea en recoñecemento á laboura dun veciño destacado e agradecemos a todos os partidos da corporación o seu apoio a esta proposta. Os barrios tamén lembran, e Fidenciano Palacín, o merecía sobradamente”
Por todo elo, dende a Asociación queren convidar a todos os veciños e a todas as persoas que o desexen, a asistir e disfrutar da Festa do Chouripàn do Porriño este sábado 23 de Xuño.