O candidato á Alcaldía, Pedro Pereira, responsabiliza ao goberno do PP de abandonar ás parroquias por falta de vontade para realizar investimentos neste servizo básico
É unha das principais necesidades recollidas pola formación nacionalista no proceso de asembleas abertas nas parroquias
O BNG ampliará a rede de saneamentos nas parroquias do Porriño, ante as demandas veciñais recollidas pola formación nacionalista no proceso de asembleas abertas que desenvolveu cara os comicios do 24 de maio.
A mellora e ampliación deste servizo básico -do que carecen aínda decenas de veciñas e veciños- foi unha das principais peticións que manifestaron en común as parroquias do Porriño. O goberno do PP desatendeu a rede de saneamentos que puxera en marcha a formación nacionalista durante a súa etapa no concello.
O candidato do BNG á Alcaldía, Pedro Pereira, anunciou estes investimentos nos diferentes encontros resaltando que boa parte das acometidas poderían facerse en breve espazo de tempo, posto que a rede actual conecta nas proximidades con moitas das parroquias. Pereira asegurou que só é preciso ter vontade, a mesma que lle faltou o alcalde Nelson Santos e o seu equipo.
Outra das demandas máis extendidas son os problemas de mobilidade dentro do concello. O BNG-Asembleas Abertas leva no seu programa a posta en marcha dun transporte interparroquial para solventar estas dificultades e permitir unha mellor conexión entre as parroquias e os concellos da comarca.