Esta medida estrela do programa electoral dos populares mosenses foi presentada por Nidia Arévalo esta mañá na súa sede local
O Plan de Transporte Municipal, unha das principais bazas do programa electoral de Nidia Arévalo como candidata á Alcaldía polo PP de Mos
A presentación de dito plan tivo lugar na sede local do Partido Popular, sita en Petelos, coa asistencia de Nidia Arévalo, candidata á Alcaldía; Julia Loureiro, candidata da parroquia de Guizán e actual concelleira de Urbanismo; Isidoro Táboas, candidato da parroquia de Sanguiñeda e actual concelleiro de Réxime Interno e delegado de Transporte e demais membros integrantes da lista electoral do PP de Mos.
Sobre este novo Plan de Transporte Municipal Arévalo explicou que constará de un autobús lanzadeira de liña circular que comunicará as 10 parroquias mosenses entre sí e cos puntos de enlace co Transporte Metropolitano, para poder desplazarse ata calquera dos municipios da área. Realizaranse catro viaxes diarios, con percorridos circulares como xa se dixo, con dúas saídas de mañá e dúas de tarde. As saídas matinais partirán do Alto de Puxeiros ás 08.00 horas e ás 12.00 horas e as saídas vespertinas farano ás 15.00 horas e ás 18.00 horas. Cada saída terá, como é lóxico, o seu correspondente viaxe de regreso; polo que en total ó día efectuaranse 8 viaxes. O servizo prestarase de luns a venres sempre que sexan laborables sumando un total de 249 días de servizo ó ano, e 996 expedicións anuais.
A lanzadeira proxectada fará un percorrido cara ó sur pasando por Tameiga, Cela, Pereiras, Sanguiñeda, Petelos e regresando finalmente a Puxeiros-Tameiga. E outro irá cara ó norte, saíndo de Puxeiros e pasando por Dornelas, Torroso, Mos, Louredo, Guizán, Peinador e voltando novamente ata Puxeiros pasando por Dornelas.
Ademais de comunicar as 10 parroquias entre sí esta liña comunica a tódalas parroquias mosenses coas zonas de intercambio co Transporte Metropolitano que une Mos coas demais localidades da Área Metropolitana. Ditas zonas de intercambio son Puxeiros, Peinador e as paradas de Transporte Metropolitano situadas na Autovía A-55.
Neste sentido, tanto Arévalo como Loureiro e Táboas destacaron a importancia do billete único, gracias ó que por tan só 0,85 euros os mosenses usuarios deste transporte público poderán desprazarse polas 10 parroquias de Mos e facer transbordo para dirixirse a calquera outro Concello da Área, agás Vigo (que rechazou unirse ó Plan de Transporte Metropolitano), sen ter que pagar un prezo a maiores.
Deste xeito, gracias á posta en marcha do Transporte Metropolitano, que conecta o Concello de Mos co resto de concellos da área, mellóranse as conexións xa existentes cun importante abaratamento do servizo para os usuarios. Ademais de poder sustentar, sobre este Transporte Metropolitano, o novo Plan de Transporte Municipal, hoxe presentado como unha das propostas estrela do programa electoral do PP de Mos e en estudo actualmente para a súa aprobación pola Consellería de Mobilidade da Xunta de Galicia, que conectará as parroquias sen servizo coas paradas do Transporte Metropolitano, garantindo deste xeito a mobilidade de todas as parroquias tanto entre elas como con outros concellos metropolitanos.
O Plan de Transporte Municipal contará cunha frecuencia de dous horarios de mañá e dous de tarde coas súas respectivas idas e voltas xa que se trata dunha liña circular, tal e como antes se mencionou. A posta en marcha deste novo servizo requerirá un orzamento inicial anual de 50.000 euros que se poderá ir reducindo de irse incrementando progresivamente o número de usuarios, tal é a previsión para o caso de Mos.