Incendio de madrugada nunha empresa do Polígono Industrial da Granxa

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

As instalacións de "Diamant Boart-Husqvarna" sufriron danos materiais de consideración polas lapas orixinadas supostamente nun cadro eléctrico

 

Preto das 03.30 h desta madrugada, vixiantes de seguridade da Zona Franca do Polígono da Granxa, alertaban á Policía Local do Porriño dun lume na confluencia da avenida principal e a rúa Ons, nº 98, nas instalacións da empresa "Diamant Boart-Husqvarna".

As lapas procedían do fondo da nave e produciron diversos estouridos e moito fume. A Policía Local do Porriño alertou ao 112 para que mobilizase aos bombeiros do parque comarcal.

Os Bombeiros do Baixo Miño extinguiron o lume, manifestando que a súa presunta orixe foi un curtocircuíto nun cadro eléctrico, situado nunha mesa de traballo.  Aínda que non houbo danos persoais, os materiais foron de consideración.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete