Tui acolle a quinta parada do Museo en Camiño para difundir o “Espírito Xacobeo” no Camiño Portugués

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Tui acolle a quinta parada do Museo en Camiño para difundir o “Espírito Xacobeo” no Camiño Portugués

Ten por obxectivo dar a coñecer as principais obras do Museo de Pontevedra entre os nenos e nenas de 6 a 12 anos. É preciso inscrición previa de balde en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

O próximo xoves, 13 de maio, chega a Tui o quinto taller do Museo en Camiño, unha iniciativa que se está a desenvolver no marco do programa O Teu Xacobeo da Xunta, e que conta cunha achega de 11.500 euros da administración autonómica.

Esta actividade desenvolverase no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) de 17 a 18:30h e terá como finalidade que nenos e nenas de 6 a 12 anos coñezan os valores da ruta xacobea así como o patrimonio atesourado no Museo Provincial de Pontevedra.

Este obradoiro de carácter plástico e creativo terá as prazas limitadas para poder cumprir con todas as medidas sanitarias actuais.

A inscrición debe formalizarse por medio do correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ata completar aforo dándolle prioridade á cativada da localidade de destino.

O Museo de Pontevedra convértese nun ‘museo itinerante’ que tras pasar por Redondela, Barro, Valga e Ribadelouro seguirá o Camiño Portugués recalando nesta ocasión en Tui.

Os fondos da institución chegarán á cativada da man dunha ‘maleta viaxeira’ con réplicas de pezas consideradas esenciais para o Museo de Pontevedra: o Tesouro de Caldas, a Laxe das Picadas, o busto bifronte de Xano, o miliario romano de Salcedo, o retablo de San Acacio, un Santiago Pelegrín do século XVII, a obra ‘Santa María dende A Caeira’ de Sobrino Buhígas, unha autocaricatura de Castelao, a obra ‘O Mercado’ de Carlos Maside, ‘A Terra’ de Manuel Torres, ‘Santa Tegra’ de Lugrís, e ‘Mulleres parolando’ de Luis Seoane. Todas elas foron escollidas polos colectivos creadores do programa, taller aberto e Paspallás, por seren unha mostra representativa do que é o gran colector cultural que é o Museo de Pontevedra e serán a base sobre a que desenvolver unidades didácticas para traballar contidos relacionados coa historia, a arte e o patrimonio.

Ademais, está programada unha exposición no Museo de Pontevedra para o mes de setembro coa que se pechará o percorrido “coa intención de trasladar todo o vivido ao público”.

A celebración desta nova actividade dirixida ao público infantil incide no empeño do Concello de Tui para difusión e promoción do Camiño Portugués a Santiago polos seus valores culturais, sociais e espirituais, pero tamén pola dinamización do tecido socioeconómico da nosa cidade.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete