Aberto o prazo de inscrición para o curso formativo de Guías na rede do parque nacional das Illas Atlánticas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

As solicitudes para este curso poden presentarse ata o 16 de maio e está dirixido a todas as persoas maiores de idade, preferentemente a aquelas relacionadas coa contorna socioeconómica do Parque

 

 

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia volve a ser un ano máis obxecto dos cursos formativos de guías na rede dos parques nacionais. Así, todas as persoas interesadas en participar nesta actividade formativa poden presentar a súa solicitude ata o vindeiro 16 de maio.

 

O curso, no que colaborará a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda –a través do Parque Nacional-, terá unha duración de 70 horas e desenvolverase mediante unha plataforma de aprendizaxe en liña. É a primeira fase do mesmo, que se celebrará entre o 21 de xuño e o 6 de agosto de 2021. Tamén se prevé unha parte práctica, presencial e obrigatoria, de 30 horas, que se celebrará nas Illas Atlánticas, a finais de setembro.

 

Todas as persoas maiores de idade poden inscribirse e participar neste curso, aínda que terán preferencia aquelas que garden relación coa contorna socioeconómica do parque. O obxectivo principal do proxecto é facilitar capacidades aos participantes para poder exercer adecuadamente as funcións de guías de persoas e/ou grupos nos diferentes Parques Nacionais.

 

Deste xeito, os futuros alumnos recibirán coñecementos sobre as bases conceptuais e teóricas propias da función de guía na rede de Parques Nacionais e para analizar e comprender os principios teóricos da interpretación e a educación ambiental na función do guía ambiental.

 

O curso divídese en varias unidades didácticas sobre a lexislación básica dos espazos naturais protexidos e dos parques nacionais; o marco europeo Rede Natura 2000; o uso público, o turismo e as accións de voluntariado nestes espazos; a importancia de fomentar e divulgar a educación ambiental e as claves para saber valorar o patrimonio natural; e, por último, información específica sobre os itinerarios guiados.

 

Esta formación é especialmente útil para aqueles profesionais e empresas do sector situadas na contorna socio-económico dos Parques Nacionais, que pretendan exercer as súas competencias nestes espazos protexidos e necesiten formar e especializar aos técnicos para iniciar, guiar, dar a coñecer os valores dos mesmos, concienciar para garantir a súa conservación e dinamizar un grupo nestes espazos protexidos.

 

Todas as persoas que desexen participar deberán solicitalo a través da ficha de solicitude de participación, que deben remitir por correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Se cumprimentará unha solicitude por persoa e parque para o que se solicita o curso, ata o 16 de maio.

 

Cómpre destacar que, desde hoxe, se están a celebrar tamén as prácticas dos participantes nesta actividade formativa o pasado ano, xa que a edición de 2020 quedou en suspenso por mor da pandemia da covid-19.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete