O Porriño prepara actividades culturais polo Día das Letras Galegas 

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

“A mocidade coas Letras Galegas 2021” trata de promover o uso da lingua galega na xuventude usando os seus códigos nas actividades alternativas baseadas na cultura urbana coma o "rap"

 

 

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) xunto coa Concellería de Normalización Lingüística trae o programa “A mocidade coas Letras Galegas 2021”.

Este martes 4 de maio, na Praza do Cristo, para celebrar o Día das Letras Galegas 2021 adicado á poeta Xela Arias, en horario de mañá, cunha duración prevista de catro horas, desde as 10:00 h ata as 14:00 h. Ao remate da actividade será coa instalación das pancartas conmemorativas polo Día das Letras Galegas nas fachadas dos edificios do Centro Cultural Municipal e do Concello do Porriño, onde permanecerán expostas durante todo o mes.

Con esta iniciativa, promóvese o uso da lingua galega entre a mocidade a través dun achegamento máis atractivo e usando os seus códigos nas actividades alternativas baseadas na cultura urbana, concretamente no "rap". Partindo de contidos culturais relacionados coa nosa comunidade e a nosa contorna, motivamos a nosa xuventude a participar en proxectos creativos.

Por outro lado dignifícase a lingua galega, usando como vínculo artístico, musical e plástico a figura de Xela Arias, aportando o recoñecemento da poeta e toda a súa traxectoria vital.

Con “A mocidade coas Letras Galegas 2021” no Porriño, tamén contribuímos a promover e dar visibilidade ás actividades de carácter artístico e ao uso da lingua galega a través deste programa, mediante a súa publicación nas redes sociais, páxinas web e noutros medios de comunicación e difusión.

Por outra banda, a Concellería de Normalización Lingüística informa que o vindeiro xoves día 6, terá lugar a inauguración da exposición sobre Xela Arias, titulada “A poesía do retrato” que se amosará no vestíbulo do Centro Cultural Municipal. A mostra permanecerá aberta ata o 30 de maio.

Para asistir á inauguración que comezará ás 19:00 h é necesaria inscrición previa a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete