Unanimidade en Salceda para pedir a reposición do Acueducto do Pontillón

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello indica que o voceiro do Partido Popular resume a problemática dicindo que non é do interese da veciñanza de Salceda

 

 

O Pleno da Corporación Municipal de Salceda aprobou por unanimidade a moción presentada polos grupos de goberno (MS e PSOE) para a protección do patrimonio natural fluvial existente no río Caselas, pedindo expresamente a reposición do acueducto do Pontillón entre as parroquias de Caldelas e Arantei que recentemente foi desmontado durante a execución das obras de “Mellora da permeabilidade no río Caselas” por parte da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

A “Mellora da permeabilidade no río Caselas” forma parte do proxecto “Migra-Minho”, desenvolvido pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e o Instituto da Conservaçao da Natureza e das Florestas portugués. Este proxecto ten unha grande importancia para o medio ambiente e para o biodiversidade dos nosos ríos. O problema chega, cando non se ten en conta a protección do Patrimonio Cultural e Etnográfico e se tratan como meros obstáculos para o remonte das especies migradoras.

O Concelleiro de Patrimonio, Alex Rodríguez, defendeu a moción lembrando que os elementos como muíños, peiraos, levadas, pesqueiras, acueductos e batáns son bens patrimoniais que forman e formaron parte da nosa economía de subsistencia a través dos séculos, da nosa historia, da nosa etnografía, da nosa poesía, das nosas cantigas, e como non, da nosa memoria.

A sorpresa neste punto deuna o Partido Popular de Salceda, que decidiu infravalorar a iniciativa, manifestando que esta non era de interese para a veciñanza de Salceda a pesar de estar a falar do río que dá nome ao municipio. Expresións como “estas son as prioridades do goberno” ou “ esta cuestión non nos afecta” nas que o portavoz do PP se reafirmou durante toda a moción, foron mostra do menosprecio do PP para co patrimonio etnográfico vinculado ao río Caselas, e o que é máis grave, para coa asociación promotora da moción, formada por persoas da parroquia de Caldelas cun grande arraigo e vinculación con Salceda, ás cales o portavoz do PP decidiu ningunear ata o punto de intentar deixalas en ridículo por apelar ao apoio do Concello de Salceda.

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, trasladoulle o seu agradecemento ás promotoras da moción, nomeadamente a Silvia Soutelo, presidenta da Asociación patrimonial e etnográfica Acueducto de Caldelas, pola defensa férrea que están a facer do patrimonio vinculado ao Río Caselas, facendo súas as palabras da presidenta “O patrimonio galego será tido en conta e respetado se todos e todas o poñemos en valor e velamos por el”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete