A Xunta concede a Mos unha nova subvención para a "mellora interior" da urbanización de San Eleuterio

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O orzamento total da obra ascende a 90.000 euros dos que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asumirá o 70%.

 

O Concello de Mos anunciou esta semana que lle foi concedida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia unha axuda do Plan Hurbe que permitirá acometer "o proxecto de mellora" da Urbanización de San Eleuterio.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de resolver as axudas para crear ou mellorar infraestruturas municipais a un total de 39 concellos galegos, entre os que se atopa o de Mos. O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado mércores 28 de abril a resolución pola que se anuncia a concesión destas axudas destinadas á creación ou mellora de infraestruturas en concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes.

Esta liña de subvencións ten por finalidade humanizar as vilas galegas e frear o despoboamento, potenciando para elo as infraestruturas e servizos e mellorando o benestar e a calidade de vida da súa poboación. A axuda concedida para a mellora da Urbanización de San Eleuterio equivale ao 70% do custo total da actuación.

As obras de Mellora Interior da Urbanización de San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, teñen finalidade de renovar fundamentalmente beirarrúas e pavimentos das vías de circulación e o acondicionamento dunha parcela municipal, coa finalidade de dotala de pavimento, vexetación e mobiliario urbano acorde co uso que se pretende. As obras previstas abarcan os conceptos de demolición dos pavimentos asfálticos en mal estado, de pavimentación de vías de circulación e sinalización horizontal e vertical e pavimentación do novo espazo de recreo e execución de muros de cachotería e plantación de especies arbóreas e instalación de mobiliario urbano. O prazo de execución que se propón é de 2 meses. E o orzamento total da obra ascende a 90.000,00 euros. 

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete