Ante a emerxencia social, as entidades de Vigo máis ca nunca pedimos o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda.

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Ante a emerxencia social, as entidades de Vigo  máis ca nunca pedimos o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda. 

As entidades sociais estivemos, estamos e estaremos en primeira liña, apoiando e defendendo os dereitos das persoas máis vulnerables, coa colaboración de todas as persoas que marcan a X Solidaria na declaración da renda. 

Baixo a etiqueta #emerXenciaSOLIDARIA, as ONG galegas lanzan unha campaña nas redes coas persoas beneficiarias de programas financiados coa X Solidaria. 

En Vigo 109.892 contribuíntes marcaron o recadro da X Solidaria na súa Declaración da Renda 2020, 2.930 máis que no ano anterior. Recadáronse 3.516.889€, incrementando en 445.884€ con respecto a 2019. 

285 vigueses e viguesas seguen sen marcar o cadro de Outros Fins Sociais. Se o fixeran, en 2020 teríanse recadados 1.966.422€ máis. Un total de 5.483.311€.

Co inicio da campaña para a presentación da Declaración da Renda, as ONG galegas, baixo o paraugas de EAPN Galicia, Cermi Galicia e Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, máis ca nunca, pedimos a colaboración da cidadanía para que marque o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social”, o que se coñece como X Solidaria.

A emerxencia sanitaria que padecemos está facendo máis vulnerables ás persoas que xa o eran antes da pandemia. Cara elas as ONG galegas destinan programas e servizos de atención ás persoas en exclusión social ou pobreza que, para seguir manténdose, precisan do financiamento económico que chega a través do 0,7% do IRPF, un orzamento que ás persoas contribuíntes non lles supón ningún custo a maiores.

Vigo é a cidade galega onde mais contribuíntes marcaron o recadro da X Solidaria (59% fronte ao 55.3% da media galega). En 2020, un total de 109.892 contribuíntes marcaron o recadro da X Solidaria na súa Declaración da Renda, 2.930 máis que no ano anterior, recadáronse 3.516.889€, superando en 445.884€ o recadado en 2019.

Con todo, 76.285 vigueses e viguesas seguen sen marcar o cadro de Outros Fins Sociais. Se o fixeran, en 2020 teríanse recadados 1.966.422€ máis e, polo tanto, suporía unha recadación de  5.483.311€ que irían destinados a programas a favor de persoas en perigo de exclusión social.

En Galicia, a campaña de 2020 recadou 19.292.383 euros, unha cantidade aportada polas 735.705 persoas que marcaron a X Solidaria na súa Declaración. Comparada coa campaña anterior, foron 19.504 persoas máis as que marcaron a X Solidaria permitindo recadar 1.828.550 euros máis. Como media cada contribuínte aportou 26,22 euros.

Actualmente, son aínda 594.110 persoas contribuíntes as que seguen sen marcar a X Solidaria (un total de 473.691 non marcaron ningún recadro e 120.419 só marcaron o da Igrexa). No caso de facelo, permitirían que a asignación final en Galicia incrementara en 12.984.780 euros ata un total de 32.277.165 euros.

O IRPF abarca unha gran diversidade de programas de loita contra a pobreza, pola discapacidade e pola infancia, que veñen desenvolvendo todo tipo de actividades como programas de atención temperá, de inserción laboral, de exclusión social, para a atención a mulleres en situación de violencia machista, educativos, etc.

Dende as ONG queremos destacar que a pandemia motivou un empobrecemento xeral e un incremento de demanda, debendo prestar tamén axuda e servizos a novas persoas e perfís en situación de exclusión social, en especial nenos e nenas, antes de que se cronifique a súa situación. As organizacións estamos a ver por exemplo como se agravan doenzas e se ralentizan recuperacións funcionais que precisan moitas persoas con discapacidade.

emerXencia SOLIDARIA

As entidades de acción social galegas queren recordar que “Marcar o X Solidario non custa nada: NIN pagamos máis NIN imos recibir menos cartos no caso das devolucións”  e que se se  marca a casiña da Igrexa, pódese marcar tamén a de ‘Actividades de Interese Social’,

Máis información: 

www.xsolidaria.org

EAPN Galicia / CERMI Galicia e Plataforma de ONG de Infancia. 698 127 110

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete