O Centro Cultural Municipal inaugura esta tarde a exposición "Textura dunha guerra invisible"

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Ás 20.00 h a artista Galia Baba Chamah presenta esta colección sobre o conflito do Sáhara e de seguido actuarán a pianista Ana Belén Rodríguez e a cantante Noelia Álvarez

 

 

O Porriño recibe a exposición "Texturas dunha guerra invisible", adicada ao conflito do Sáhara, da artista multidisciplinar Galia Baba Chamah, que chega no abeiro da programación cultural do Concello para este mes de abril, promovida pola Concellería de Cultura.

A inauguración será hoxe, ás 20:00 h., no vestíbulo do Centro Cultural Municipal. A presentación será a cargo da concelleira de Cultura, Cami Moreira Fontán e intervirá tamén a artista Galia Baba Chamah. De seguido haberá unha visita a exposición.

Esta actividade é máis que unha exposición, converténdose nunha xornada de arte e música en directo, coa actuación da pianista Ana Belén Rodríguez e a cantante Noelia Álvarez, que interpretarán cancións como "Aleluya" de Leonard Cohen; Lela, "Memory" de la banda sonora de Cats; e Sahara da Banda Tongo xunto con Nadhira Mohamed Buhoy.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete