A Xunta ofrecerá 250.000 metros cadrados de solo empresarial con prezos bonificados na PLISAN

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Xunta, a Autoridade Portuaria de Vigo e Zona Franca participaron esta semana na reunión da comisión de seguimento desta área loxística e industrial. Os tres promotores da PLISAN manter as condicións do concurso de 2019, cando se adxudicou un 20% do solo da Plisan. O Instituto Galego de Vivenda e Solo comprometeuse a iniciar a vindeira semana a redacción dos pregos que permitirán a comercialización das parcelas.

 

A Xunta de Galicia, a Autoridade Portuaria e Zona Franca acaban de acordar que 250.000 m2 de solo empresarial da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (Plisan) sairán á venda con prezos bonificados. Así o decidiron os tres promotores desta área loxística e industrial na reunión da comisión de seguimento, convocada pola Xunta e celebrada esta mañá, na que apostaron por manter as condicións do anterior concurso de venda.

A conselleira de Medio Ambiente salientou que o Goberno galego trasladou de xeito insistente a necesidade de manter estes incentivos, para acadar un dobre obxectivo: consolidar a Plisan nunha área empresarial e industrial consolidada e facilitar asentamento de novas industrias, ofrecendo alternativas favorables ás empresas para que poidan instalarse e desenvolver a súa actividade en Galicia, a prezos competitivos e xerando emprego.

Así, tras o acordo, o Instituto Galego de Vivenda e Solo iniciará de xeito inmediato -a vindeira semana- a redacción dos pregos nos que se fixarán as condicións de comercialización deste solo empresarial, ao que se lle aplicará a política de incentivos ás empresas posta en marcha pola Xunta e que permitirá mobilizar en 2021 un total de 8 millóns de euros.

Nesta liña, os tres promotores destacaron a necesidade de favorecer o asentamento de novas empresas na Plisan, sobre todo no contexto de crise sanitaria a nivel mundial. Segundo incidiron, trátase da bolsa de chan industrial máis importante de Galicia e, neste sentido, valoraron o seu carácter estratéxico para poder competir con Portugal.

A conselleira de Medio Ambiente trasladou aos restantes promotores que na actualidade hai demanda de solo e interese por parte das empresas en asentarse nesta área loxística e industrial. Nese sentido, augurou poder acadar as cifras de adxudicación do anterior concurso, o de 2019, cando se fixo unha poxa pública de máis de 350.000 m2 correspondentes a 45 parcelas, ou o que é o mesmo, se adxudicou un 20% do solo da Plisan, a un prezo competitivo.

Recordou que ese consenso, acordo que hoxe se renova, permitiu vender solo empresarial a un prezo que oscilou entre os 51 euros/m2 e os 70 euros/m2. Reiterou que estas condicións se manterán no vindeiro concurso, polo que a conselleira agradeceu o esforzo dos restantes promotores da Plisan por sumarse ás políticas de incentivos do Goberno galego; sobre todo nun momento como o actual, no que as empresas e os traballadores están a sufrir as consecuencias económicas da covid-19.

Pola súa banda, o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, subliñou que continúa a aposta pola Plisan ao facer unha nova oferta de chan industrial para o Sur de Galicia. “É moi importante, nun momento de industrialización de Europa, que as administracións sumemos esforzos para poder ofertar ás empresas adoito para xerar emprego”, considerou Regades.

Por último, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña (e exconselleiro de Sanidade até as eleccións do ano pasado), tamén informou sobre o plan de conexión ferroviaria coa Plataforma e, neste sentido, lembrou que xa se presentou un proxecto construtivo a este respecto a ADIF. Os tres promotores mostraron o seu interese por participar no Proxecto de apoio ao transporte sostible e dixital do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete